Levo algún tempo dándolle voltas á biografía de Cristóbal Colón, e dende logo hai tantas cousas escuras, que mesmo me ten parecidos coa Historia Sagrada. Algún segredo gordo ten que haber para que un home tan importante teña lagóas e lagóas que non se lle atope explicación. O do parecido coa Historia Sagrada relacioneino porque cando andan os curas polo medio... xa se sabe, dín soio o que queren que se sepa.
Por casualidade chegou as miñas mans un libro escrito por D. José Espiño ( o cura de Bandeira) que basándose en datos e documentos chega a sorprendente conclusión de que Pedro Madruga e Cristóbal Colón eran a mesma persoa. O libro é un resúmo de outro, escrito por un almirante que sí parece que contrastou todos os datos é documentos. A historia parece que ten moitas trazas de ser verdade pero esperemos que o tempo e a insistencia de investigación dean algún resultado.
Gustaríame que os nosos netos estudiaran xa a verdade.
martes, 5 de mayo de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)