martes, 5 de mayo de 2009

UNHA HISTORIA BASTANTE INTERESANTE

Levo algún tempo dándolle voltas á biografía de Cristóbal Colón, e dende logo hai tantas cousas escuras, que mesmo me ten parecidos coa Historia Sagrada. Algún segredo gordo ten que haber para que un home tan importante teña lagóas e lagóas que non se lle atope explicación. O do parecido coa Historia Sagrada relacioneino porque cando andan os curas polo medio... xa se sabe, dín soio o que queren que se sepa.
Por casualidade chegou as miñas mans un libro escrito por D. José Espiño ( o cura de Bandeira) que basándose en datos e documentos chega a sorprendente conclusión de que Pedro Madruga e Cristóbal Colón eran a mesma persoa. O libro é un resúmo de outro, escrito por un almirante que sí parece que contrastou todos os datos é documentos. A historia parece que ten moitas trazas de ser verdade pero esperemos que o tempo e a insistencia de investigación dean algún resultado.
Gustaríame que os nosos netos estudiaran xa a verdade.

miércoles, 22 de abril de 2009

¿QUÉ SERÁ?

Cando vai po monte vai mirando pa casa,
e, cando vai pa casa vai mirando po monte.
¿qué é, qué é?

........


No medio do ceo estou, sin ser sol nin lúa
sin ser lucero nin estrela
haber se sabes quen son.

........

Estas adiviñas seguro que son moi coñecidas de todos,pero como teño que practicar con algo, non se me ocurreo outra cousa.
Saúdos.